Imperativo categórico - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Imperativo categórico
Por imperativo categórico entende Kant "a fórmula na que se expresa o mandato ou orde da lei moral". A lei moral baséase, segundo Kant, na noción de deber; e en canto que a lei moral pretende rexer a nosa conduta ha de conter algunha orde ou algún mandato. Mais como a lei moral é universal e necesaria a orde ou mandato que conteña ha de ser categórico, é dicir, non pode estar sometido a ningunha condición (non pode ser hipotético, xa que nese caso non sería universal nen necesario). Ademais, como a lei moral non pode conter nada empírico, o imperativo categórico en que se expresa tampouco poderá ter ningún contido empírico, senón só a forma pura da moralidade.

Na "Fundamentación da metafísica dos costumes" Kant dános tres definicións distintas do mesmo e único imperativo categórico. Velaí a primeira: "Obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ao mesmo tempo que se torne en lei universal".